martes, 16 de febrero de 2016

Proba de Acceso o Ciclo Superior

Novidades na proba de acceso o ciclo superior.

Segundo a modificación introducida pola LOMCE do artigo 41.3 da LOE, o acceso a ciclos formativos de grao superior requirirá o cumprimento das seguintes condicións:
  • Título de bacharelato.
  • Título universitario.
  • Título de técnico de formación profesional (grao medio LOE ou LOXSE).
  • Título de técnico superior de formación profesional.
  • Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato (LOMCE).
  • Ter superada unha proba de acceso a ciclos de grao superior.
Así mesmo, segundo o punto tres da disposición adicional terceira da LOMCE, aceptarase como título de bacharelato ao que se refire o artigo 41.3 o título de bacharelato expedido tras cursar o antigo bacharelato unificado e polivalente (BUP).
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.
Novidades da convocatoria de probas de acceso de 2016
As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos.
As persoas que posúan un título de técnico de artes plásticas e deseño poderán solicitar a exención da parte específica da proba no caso de escoller a opción B.
As persoas que posúan un  título de técnico deportivo poderán solicitar a exención da  parte específica da proba no caso de escoller a opción C.